Archive for the ‘Concello de Castroverde’ Category

A voltas co PXOM, porque ‘onde vivimos importa’


2007
11.26

Veño de ver este fin de semana e por primeira vez o video: Onde vivimos importa unha campaña feita pola conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes que busca a complicidade dos cidadáns na ordenación e desenvolvemento de Galicia, aínda que eu creo que máis que os cidadán deberíanlle enviar a algún que outro constructor.A primeira das historias recrea unha situación imaxinaria na que se tenta reproducir o caos e a incomodidade que supón vivir nunha casa na que nada está colocado no seu sitio: o sofá de cara á parede, unha libraría diante dunha porta, a lavadora a dous metros de altura, o retrete baixo o lavabo,… Unha situación que pretende levar a unha reflexión sobre a importancia que ten cada unha das actuacións sobre o territorio e, polo tanto, a necesidade de planificar e ordenar as nosas vilas e cidades co fin de que ofrezan unha maior calidade de vida aos seus habitantes.

Espero que no concello viran este video antes de poñerse a redactar o PXOM, para que castroverde teña unha boa ordenación do territorio, e non nos pase coma no video.

CCD26-11-2007RevisiónPXOM (El progreso)M.M. LUGO. La revisión del PXOM salió adelante con la abstención del PP y el rechazo del BNGLa última modificación que sufrió el Plan de Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de Castroverde fue  aprobada en el pleno extraordinario de ayer con los únicos votos a favor del grupo de gobierno, del PSOE, que cuenta con una holgada mayoría de siete ediles. El PP, con tres concejales, se abstuvo, y el único representante del BNG votó en contra. Los populares no quisieron pronunciarse porque, según indicaron en el pleno, no estaban en la corporación cuando se desarrolló el plan. Por su parte, Pablo Ferreiro Tallón, edil del BNG, manifestó que el documento no plantea cambios sustanciales respecto a la versión que se envió inicialmente a la Dirección Xeral de Urbanismo y que mantiene “grandes áreas de solo urbanizable” que no comparten. Ferreiro añadió que al mantener algunas de las que la Xunta criticó y otras no “discrimínase ós veciños”. No obstante, el PXOM salió adelante con los  votos del PSOE, y la Xunta valorará ahora si los cambios realizados son suficientes para darle la aprobación definitiva. El alcalde, José María Arias, manifestó su confianza en que salga adelante, a pesar de que se han defendido aspectos que Urbanismo criticó en su informe. Sin embargo, el regidor planteó ya estas cuestiones con anterioridad a la revisión del PXOM al departamento autonómico.

Guía do cuartel de Castroverde, ou algo así…


2007
11.21

[lang_gl] Veño de atopar esta foto buscando na mula esta curiosisima foto do cuartel de Castroverde:

CCD13112007Castroverde 

É coma unha especia de guía do cuartel e dos seus servicios, e con mui boa pinta, por certo. É curioso ver onde pon, Puerto: Sí¿?, Non sei nunca cheguei a él, ou eu non o recordo, aínda que o mellor se refire a outra cousa.

Admitense suxerencias e comentarios do que pode representar esta foto.

Pero tranquilos, os futuros gardas que veñan o concello, está prevista a reforma do cuartel. [/lang_gl]

[lang_es]Acabo de encontrar esta curiosa foto buscando en el emule, es del cuartel de Castroverde:

CCD13112007Castroverde 

Parece como una especie de guía del cuartel, los servicios que tiene…, y con muy buena pinta, por cierto. Es curioso ver donde escribe, Puerto: Sí¿?, No se a que se refiere, la verdad, yo nunca he llegado a él, o eso creo, aunque quizá se refiere a otra cosa.

Se admiten sugerencias y comentarios de lo que puede representar esta foto.

Pero tranquilos los próximos moradoes del cuartel, que están próximas las reformas.[/lang_es]

Qué facer e qué ver en Castroverde


2007
11.06

Non é a primeira vez que me preguntan, qué se pode facer e qué se pode ver, en Castroverde, esto pretende ser unha mini guía de turismo do concello de castroverde, a web oficial non está dispoñible, segue así dende que se inaugurou a nova web fai máis ou menos un ano atrás. Ven e verás o concello de castroverde.

Seguiremos actualizando, con novos contidos en próximos días. Se ti vives nalgún lugar do concello non dubides en escribirme e pedirme que agregue ese espacio que todo visitante non pode deixar de ver.

Capela de Vilafrío: Edificio rectangular construído con muros de pedra e cuberto con lousa a tres augas. Parece obra do século XVIII, aínda que reformada posteriormente. No interior conserva un retabulo popular moderno cunha escultura de Santa Mariña do século XVIII e un primitivo capitel románico co seu correspondente basea, a modo de pila de auga bendita, pertencente sen dúbida ao antigo mosteiro de Castroverde.

Igrexa Parroquial de San Salvador de SoutoMerille: De orixe prerrománico que foi restaurada en época barroca. No ábside pódese apreciar unha primitiva fiestra con barrotes verticais labrados en pedra. A fachada principal é de estilo barroco.

Igrexa Parroquial de Santa María de Vilabade: Coñecida popularmente como “A Catedral de Castroverde”, foi declarada Monumento Nacional en 1979. Construída en 1557 por Fernando de Castro e reformada por Diego Osorio no s. XVII, de estilo ojival tardío con influencias góticas-románicas. Pertenceu a un antigo monasterio. De planta rectangular, fabricada con sillería granítica e cuberta de lousa. Consta de nave rectangular dividida en tres tramos por arcos de ojiva, presbiterio, sacristía e oratorio. Na fachada destaca gran pórtico renacentista de cinco arcos, escalinata central, frontón triangular con escudo dos Osorio, acróteras nos extremos e cruz no vértice. Frontis con porta gótica, abocinada, de tres arquivoltas e columnas con capiteles vexetais, rosetón central e espadana de dous corpos e dobre van, con balconada exterior sobre ménsulas e balaustres de pedra. Interior: destaca o retabulo maior barroco de Francisco Moure (s. XVII).

Torre-Fortaleza de Castroverde: Da antiga fortaleza do s. XIV, propiedade dos Condes de Lemos e Moscosos, só queda en pé a torre da homenaxe, de 20 mts. de altura e cinco pisos, e as ruínas das murallas, situada no cume dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Conserva parte das súas almenas e destaca no lenzo norte unha ventá con dintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro. Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre aspillera, en arco. No Museo Provincial de Lugo áchanse dous candados procedentes deste castelo, con grilletes para colocar nos pés dos presos, recordo do primitivo cárcere.

Pazo de Abraira Arana (Pazo de Vilabade): Na actualidade dedicado a turismo rural. Sitúase no extremo dereito dunha gran leira amurallada formada por grandes prados separados por muros baixos de lousas. A fachada principal ábrese á praza que constitúe, xunto ao muro e a igrexa un interesante conxunto. Planta cadrada, cun corpo central elevado que ilumina o interior. A cuberta é de pizarra e sobre ela hai unha gran cheminea circular rematada por un pináculo central. A fachada principal é simétrica e nela aparecen dúas pedras de armas.

Casa Grande de Osorio: Casa de gran tamaño, levantada sobre planta rectangular, con piso baixo e superior. Parece que foi fundada no s. XVI e pertenceu ao Pazo de Carballedo. Na fachada principal temos unha ancha porta de entrada adintelada e outra porta máis estreita, cunha fiestra a cada lado. O piso alto leva seis fiestras e sobre a porta unha ventá con balcón fixo. Parte traseira similar. O máis característico son os dous escudos que locen na fachada principal, de formato similar e gravados sobre unha pedra cadrada cunha cornisa cortada na súa cimera: o escudo dereito, ovalado, circunscrito por unha corda, con cruz e castelo nos laterais e tres cuarteis cunha media lúa e tres estrelas dos Luaces, catro barras e un ave; e o escudo esquerdo, de contorno similar, con man e cruz nos laterais, con tres cuarteis: unha “M” coroada dos Montenegro, unha torre de tres homenaxes e un cordeiro sobre un bolo dos Bolaño.


Mirador Natural de A Serra do Miradoiro: No límite do concello de Castroverde co concello de Baleira, ppodese divisar unha vista panorámica das terras dos dous concellos no medio dun paraxe natural de gran beleza e interés. O punto máis alto desta serra localizase no monte do Pradairo a 1029 metros de altitude. Este lugar convertese no principal enclave natural de Castroverde. Non hai que esquecer ás múltiples rutas de sendeirismo que se poden percorrer así como os parexes naturais das distintas parroquias.

Cova da Valiña: O único xacemento no que está representado o inicio do Paleolítico Superior en Galicia é a Cova da Valiña, en Castroverde, da que falaremos nunha próxima entrada.

Entrada adicada a MVO e a toda a xente que se interesou nalgunha ocasión por facer turismo no concello de castroverde, graciñas pola súa achega, e tamén a súa colaboración, sempre con críticas constructivas na mellora do blog.

NON, a canalización do río Chamoso en Bolaño.


2007
10.31

Veño de ler esta noticia vía adega, na que escriben sobre outra desfeita máis, a enésima, no concello de castroverde, e que reproducimos aquí. Podes ler a noticia orixinal, clicando aquí. Tamén podes ler a mesma noticia contada pola Voz, que usa outro estilo.

Sen dúbida, dende esta páxina, unímonos a Adega, e máis os amigos do patrimonio para dar o noso apoio os veciños de bolaño.

rio_chamoso.jpgEn colaboración cos veciños deste pobo ADEGA presenta unhas alegacións xunto cas dos veciños contra a pretendida canalización deste Rio, para a súa posterior urbanización e construción de 5 chales, a confederación hidrográfica do norte, para que se lle denegue a solicitude de obras neste tramo do Rio.

A idea que se pretende con estas obras e sacar as augas que en épocas de estiaxe inundan as parcelas que unha empresa inmobiliaria adquiriu para a súa posterior urbanización.


Os veciños de Bolaños están preocupados xa que unha vez que se realicen estes traballos, as augas que antes anegaban unha zona inundable lles afecten as casas que teñen no outro lado do rio.

Tamén e curioso que mentres o PXOM de Castroverde foi devolto a xunta, esta zona esta marcada no anterior planeamento como zona rústica, e polo tanto non se pode urbanizar. Pero na idea do novo planeamento si que aparece esta zoa como urbanizable. Como sempre o concello esta a favor destas obras, e xa fixo todos os tramites necesarios para que a confederación hidrográfica do norte lle aproben as obras.

Os veciños tamén fixeron as súas alegacións correspondentes, e aparte do apoio de ADEGA, tamén contan co apoio dos AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE.

Estes mesmos veciños veñen a denunciar fortes presións polo representante do concello, ás institucións que teñen a decisión final de aprobar ou non a obra.

E o dato máis curioso e que aínda non están construídos os chales e éstes xa foron vendidos dúas veces, e que incluso se estivo facendo propaganda deles, cando aínda non se conta con térreo legal para a súa construción.

Non quero deixar de comentar estes dous últimos parágrafos, nos que se denuncian as fortes presións, que de ser certas esas acusacións serían mui graves. Non pode quedar tampouco sen comentar que os futuros chalets foron xa vendidos dúas veces, unha cousa que realmente me parece irreal, pero así é.

Tamén podes ver como vai a especulación na vila de castroverde. O primeiro en lanzarse foi Neira Perez SL que ten construiu este edificio:

 Foto do edificio, en castroverde.

Pero mellor senón che gustan os pisos, e prefires os pazos, porque en galicia véndense uns 75, un deles, polo menos, en castroverde, o de Pena.

Méndez Romeu, o que moito fala, máis se equivoca.


2007
10.30

Veño de ler novamente unha nova de principios de mes, via o xornal, cunhas declaracions do señor Mendez Romeu na inauguración das obras de rehabilitación da Casa do Concello de Castroverde, que ampliou o seu espazo en máis de 100 metros.

Pero foi tal a incontinencia verbal do señor Romeu que creo que foi demasiado o que falou, bueno sempre é demasiado o que falan os políticos, pero en fin, vamos ler as súas palabras:

O conselleiro fixo estas declaracións na inauguración das obras de rehabilitación da segunda fase da Casa Consistorial de Castroverde, para o cal a Consellería de Presidencia destinou 100.000 euros. Entre as obras realizadas para rematar o acondicionamento interior da Casa do Concello e as fachadas do edificio, inclúense os remates de carpintería e vidrería e o acceso ao baixo cuberta; o revestimento dos paramentos no salón de plenos e o acondicionamento para a súa accesibilidade dende o exterior; e o picado, limpeza e rexuntado das fachadas do edificio co obxecto de valorizalo, xa que se atopa nunha das rutas do Camiño de Santiago.Ademais, a axuda económica concedida pola Consellería de Presidencia permitiu ao Concello adquirir novo equipamento e mobiliario de oficina para o salón de plenos, tres dos despachos –entre eles o da Alcaldía-, as oficinas xerais e o arquivo municipal.

Ademais, o titular de Presidencia anunciou que a Xunta, antes de 2008 e a través dos próximos orzamentos que se aprobem, resolverase a necesidade de ampliación do centro social de Castroverde co fin de dar cabida ás actividades e atender as necesidades da xente e mellorar as condicións de vida no Concello.

Con respecto o resto das declaracións, digo eu, que me parece pouco esa cantidade de cartos, porque logo da de cousas que di que se fixeron, parece incrible que chegaran os cartos a nada, pero é ai onde se ve unha boa xestión ou non? Por certo, cal é o arquivo municipal? pero o concello ten ‘deso’?Pois nada máis, que se antes do 2008 o proxecto do centro social está resolto, estarei feliz de contalo por aquí e incluso poñer algunha foto. Esperemos acontecementos.

Centro Social: CCD23112007Centro Social Castroverde (Mendez Romeu o carón)

Agora a pregunta que me fago, é: Como farán para amplialo? é posible antes do 2008? É decir, no 200, temos un ‘novo’ centro social?

Asociación ‘Pena Branca’, en defensa da natureza.


2007
10.19

Os espazos naturais da provincia de Lugo están ameazados pola proliferación das explotacións mineiras; ese podería ser un bo resumo do que está acontecendo cas paisaxes da provincia.  Así, temos un bo exemplo, que tanto está dando que falar, a canteira  da ‘Campa-Santa Eufemia’ ,  e outro bon exemplo, do que falamos mási abaixo, é o da Pena branca, en Castroverde.

    (Explotación mineira da campa)

 Tamén as explotacións de cuarzo, a ceo aberto, están a punto de comezar a súa desfeita. Unhas 5.000 hectáreas de explotacións mineiras nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, Abadín, Vilalba, A Pastoriza  e Riotorto , que agora teñen que buscar todalas vías legais pra evitalo desastre, despois de que Industria otorgara a concesion a empresa Erimnsa.  Éstes concellos reclaman que a concesión fixose sen solicitar informes a Medio Rural, para determinalo impacto económico e social, nin da Confederación Hidrográfica del Norte, aínda que percorre unha zona do Rio Miño.

Agora tamén, sobre 37 kilómetros cadrados da Serra de Outeiro Mayor, que vai polos concellos de Castroverde, O Corgo e Lugo, está tamén a ameaza de varias explotacions de granito, as de San Javier, para as que dispón dun permiso de investigación mineira a empresa Ingemarga.

Técnicos e voluntarios da Fundación Germán Estévez para a protección da natureza xa deron a voz de alarma a consellería de Medio Ambiente e tamén ante a Dirección Xeral de Urbanismo para lograr a protección desta Serra, tamén coñecida como paraxe de Soutomerille, no concello de Castroverde, e en fase de redacción.

Ademais, os ecoloxistas solicitan a Xunta que se plantee a posibilidade dun plan de protección para esta área na que figuran O ‘Pico de Outeiro’ e a ‘Pena Branca’, na parroquia de barredo, dúas penas de especial relevancia morfolóxica consideradas pola fundación como “únicas en Galicia”.

O permiso de investigación mineira, “que se acabará convertindo en concesión”, implicará,  “un forte impacto paisaxístico”, cun tempo de actividade de 30 anos. O criterio da empresa pra seleccionar o terreo foi  a “facilidade de extracción”.

Tamén teñen claro que é necesario “preservar e cuidar” esa zona pola que pasa o camiño primitivo de Santiago. A fundación iniciou xa a batalla legal, na que contan co apoio da asociación ‘Pena Branca’, do Concello de Castroverde. Ademais tamén contan co apoio dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, que estiveron a recoller firmas nunha das pasadas feiras.

Para que poidamos facer fotos como éstas, todo o nos apoio a ‘Pena branca’:

Nuestras Vacas Aqui nac�  ou ésta:

 

Unha nova restauración en Vilabade.


2007
10.16

A Consellería de Cultura  por unha resolución do 27 de setembro de 2007 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, por concurso e trámite urxente, do contrato de servizos de restauración do retablo do Crucificado e do retablo da Visitación na igrexa de Santa María de Vilabade, Castroverde (Lugo). O proxecto de mellora e conservación conta cun orzamento de licitación de 44.300 euros.

 Os retablos anteriormente mencioandos que serán obxecto de restauración son de estilo barroco, situados os lados do retablo maior, que data do século XVII e constitúe un dos atractivos(que son moitos) que garda o edificio. De estilo barroco e autoría de Francisco de Moure, esta obra foi xa rehabilitada con anterioridade.

 A igrexa de Santa María de Vilabade cumpriu curiosamente este ano o 550 aniversario da súa fundación. Foi construída no ano 1457 por Fernando de Castro e está catalogada como Monumento Nacional a partir do ano 1979.

Parabens a xente que fixo posible que ésta nova restauración se leve a cabo próximamente!

CCD23112007Iglesia Vilabade (Outra foto máis)

Críticas o concello (I)


2007
10.16

Pois lendo a Manuel Gago na entrada sobre castroverde, veume a mente unha nova sección, a de críticas o concello; Con está seccion quero aportar un grao de area para mellorar e facer que se escuite a xente.

E a primeira idea escribea precisamente, manuel, que fala sobre o castelo de castroverde  e di:

castroverde_1.jpg  “Todo el camuflado no contorno semirrural, cun sentido de feísmo que espantaría ao mesmo concelleiro de urbanismo de Carballo. A torre, que se mantén en pé como pode, presenta esta curiosa figura na inaccesíbel porta de entrada.”

castroverde_2.jpg

A primeira crítica está feita, e como ven puideche ler vai sobre o feísmo. Se sabes doutras construcións no concello con éste estilo, faino saber, éste é o sitio.

 E tamén, se queres facer pública a túa crítica, so tes que mandar un correo, ou escribir un comentario a esta anotación. Está nas túas mans!

Sobre os amigos do patrimonio, e demais asociacións


2007
10.11

Segundo eles mesmos din na páxina web, os amigos do patrimonio,  descríbense como: “Revista dixital da Asociación Cultural dos Amigos do Patrimonio de Castroverde. Foro de divulgación e defensa do patrimonio,cultural, de natureza, artístico, monumental e das tradicións populares do Concello de Castroverde (LUGO).” Posiblemente a única asociación destas características en galicia. Felicidades dende aquí!

Dende está páxina web, téndolles unha man, e so decir que estou a súa disposición para colaborar no que poida. Será un pracer.

Buscando  en google ‘castroverde‘ atopei esto, que é de manuel gago(non o coñezo),  e creo que así se chama, polo menos a páxina. O curioso desta web é o encabezado, que di: “Chegaches a Capítulo 0 desde Google buscando blog castroverde. Agardo que atopes o que precisas. Se non fora así, tamén podes probar con estes anuncios de Google. Estás convidado ou convidada a visitar este blog cando queiras. “

Pois non foi así como atopei esta páxina, pero é curioso que se fas a proba hoxe en día (buscar ‘blog castroverde’ en google), aparece na terceira entrada, por abaixo deste mismo blog, e o dos amigos do patrimonio de castroverde. Por certo, os anuncios de google, cantos cartos dan(podelo ler nesta anotacion)?

Despois desto xurdiume outra dúbida; e é, que asociacións hai en castroverde, ademais dos amigos do patrimonio? Pois a única información que eu atopei é esta(se sabes dalgunha asociación máis, agradecería que mo dixeras):

Espalladoira Tfno: 982 31 20 62          
Biouteiro Tfno: 982 31 22 18
Os Cabaleiros Tfno: 982 31 20 24
Camiño para Andar En constitución
Cultural Musical Zuncurundullo Tfno: 982 31 21 16
Cultural Veiga do Olmo Tfno: 982 31 22 31
Forno da Vella de Espasande Tfno: 982 31 22 31
Os Muiñeiros Tfno: 982 31 20 63
Mulleres Rurais do Castelo Tfno: 982 31 24 07
Veciños de Pena de Castroverde R/ Pena, 30
S.D. de Castroverde Tfno: 982 31 31 68

Ademais, tamén existe outra asociación da que falaremos próximamente, chamada ‘Pena branca’ na parroquia de barredo, e a que hai que apoiar.

Oposicións en Castroverde?


2007
09.07

Xa que estamos cos tema do concello, buscando, e lendo…, lendo máis… que bon é ler…¡¡¡  atopei esto, que tamén podes ver a noticia en emagister, unha plataforma dedicada a educación a distancia con informacion de muitos centros asociados por toda a xeografía.

Edicto(RESUMO):


BASES XERAIS DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2006

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 14 de agosto de 2007, aprobou as bases xerais e específicas que van rexer a convocatoria para a provisión polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples, incluída na oferta de emprego para o ano 2006.
Castroverde, 20 de agosto de 2007.- O Alcalde-Presidente, Xosé Mª Arias Fernández.
E esto é o que se debería de saber:Versará sobre o seguinte temario:
1.- Operacións matemáticas básicas: sumas, restas, multiplicacións e divisións.
2.- Cálculo de porcentaxes.
3.- Cálculo de áreas.
4.- Cálculo de volumes.
5.- Sistema métrico decimal.
6.- Medicións.
7.- Interpretación de planos e proxectos sinxelos.
8.- Tipos de materiais propios dos servizos de abastecemento de auga e alcantarillado.
9.-Tipos de materiais propios do mantemento, conservación, reparación e mellora de vías públicas.
10.- Coñecemento xeográfico do Concello de Castroverde.

9.- Presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Pois nada, que se estades interesados, xa sabedes, tedes que bulir¡¡ Tódala informacion, se estads interesados, que supoño que vos darán, no Concello de Castroverde.(Pz. Do Concello)

As bases completas, no link do principio, ou lendo o B.O.P. da provincia de Lugo.