Sobre os amigos do patrimonio, e demais asociacións

2007
10.11

Segundo eles mesmos din na páxina web, os amigos do patrimonio,  descríbense como: “Revista dixital da Asociación Cultural dos Amigos do Patrimonio de Castroverde. Foro de divulgación e defensa do patrimonio,cultural, de natureza, artístico, monumental e das tradicións populares do Concello de Castroverde (LUGO).” Posiblemente a única asociación destas características en galicia. Felicidades dende aquí!

Dende está páxina web, téndolles unha man, e so decir que estou a súa disposición para colaborar no que poida. Será un pracer.

Buscando  en google ‘castroverde‘ atopei esto, que é de manuel gago(non o coñezo),  e creo que así se chama, polo menos a páxina. O curioso desta web é o encabezado, que di: “Chegaches a Capítulo 0 desde Google buscando blog castroverde. Agardo que atopes o que precisas. Se non fora así, tamén podes probar con estes anuncios de Google. Estás convidado ou convidada a visitar este blog cando queiras. “

Pois non foi así como atopei esta páxina, pero é curioso que se fas a proba hoxe en día (buscar ‘blog castroverde’ en google), aparece na terceira entrada, por abaixo deste mismo blog, e o dos amigos do patrimonio de castroverde. Por certo, os anuncios de google, cantos cartos dan(podelo ler nesta anotacion)?

Despois desto xurdiume outra dúbida; e é, que asociacións hai en castroverde, ademais dos amigos do patrimonio? Pois a única información que eu atopei é esta(se sabes dalgunha asociación máis, agradecería que mo dixeras):

Espalladoira Tfno: 982 31 20 62          
Biouteiro Tfno: 982 31 22 18
Os Cabaleiros Tfno: 982 31 20 24
Camiño para Andar En constitución
Cultural Musical Zuncurundullo Tfno: 982 31 21 16
Cultural Veiga do Olmo Tfno: 982 31 22 31
Forno da Vella de Espasande Tfno: 982 31 22 31
Os Muiñeiros Tfno: 982 31 20 63
Mulleres Rurais do Castelo Tfno: 982 31 24 07
Veciños de Pena de Castroverde R/ Pena, 30
S.D. de Castroverde Tfno: 982 31 31 68

Ademais, tamén existe outra asociación da que falaremos próximamente, chamada ‘Pena branca’ na parroquia de barredo, e a que hai que apoiar.

One Response to “Sobre os amigos do patrimonio, e demais asociacións”

  1. […] Manuel Muñíz Besteiro non é o alcalde de castroverde, senón o presidente da asociación de amigos do patrimonio de castroverde. Éste sí é o alcalde, Xosé María Arias Fernández: […]