E Agapito por fin casou. Parabens¡

2007
11.23

Pois o final aínda poderá ir a un plató de tv. a contalo todo, porque a súa voda, é das máis famosas dos útlimos tempos, ademais de sair en dous xornais, tamén vai ter o privilexio de sair nun documental, e non na segunda parte de linguas cruzadas, que podería ser, senón en ‘Elogio de la distancia’, un documental de Felipe Vega, que se estreará no verán do 2008.

   CCD23112007Agapitonavoda           CCD23112007Agapitoenburro

Ás fotos e o que contaron, tanto a Voz, como o Progreso…

E de agasallos están servidos os noivos da Fonsagrada que logo de moitas horas acabaron a súa tradicional voda -esa que empezaron a lombos de dúas burras-. O hotel Fontesacra estivo repleto desde o venres ata o domingo. Un sobresaliente é a nota que lles pon un amante do tradicional e etnógrafo como Isidoro Rodríguez . O paseo en burro ata o xulgado, o cortexo que os acompañaba, todo era perfecto e pola vella. Ata a comida, predominaron butelos, cacholas e pata de touro. De estar invitado Isidoro regalarialles unha manta das de antes, «para apurar o frío da Fonsagrada», dixo en Radio Voz, aínda que eles, os xa marido e muller, Olaya Fernández e Agapito Gil , son de Castroverde.

Montados en senllos burros, con indumentaria de rúa e acompañados dun grupo de gaiteiros. Así foi como se deron o si quero Agapito , un panadeiro de Castroverde e a que é desde onte a súa esposa. Os noivos alugaron o hotel Fontesacra, da Fonsagrada, para gozar dunha festa, que durou todo o fin de semana. No menú do banquete (os invitados quedaron a comer, a cear e algúns tamén a durmir) o típico marisco foi substituído polo caldo e a carne de porco celta. Ao longo da xornada dúas orquestras estiveron animando o baile. E é que, para aguantar as temperaturas de onte na alta montaña facía falta moverse e tampouco lles veu mal algunha copita, iso si para quen non tivesen que coller o coche despois. Por certo, na Fonsagrada houbo de madrugada terremoto de magnitude 1.6 na escala de Ritcher.

Una boda a la que los novios acuden en burro. “No estaba previsto, pero decidimos grabar y después veremos si nos sirve”, confiesa el codirector. Olaya Fernández Coronado y Agapito Gil fueron  los protagonistas de un paseo con bis cómicomediática en una historia real. En contra de la corriente natural, inmunes a las estadísticas que hablan del incremento desproporcionado de divorcios, a la baja tasa de natalidad y a las voces de alarma sobre la desaparición de los burros, desplazados por los caballos motorizados, se casaron ayer en A Fonsagrada. Lo hicieron, eso sí, por lo civil, en el juzgado fonsagradino, al que llegaron a lomos de sendos asnos, Iris y Rogelia. La novia, feliz antes de convertirse en esposa, hablaba de una “promesa realizada a los tres días” de conocer a su marido,  desde el mediodía de ayer. Desde aquel pacto transcurrieron ocho meses y la novia entró ayer en el universo de los casados “felizmente embarazada, como Rogelia”, el equino que montaba, tras recibirlo como regalo de boda.  Lo que de esto salga se podrá apreciar el próximo verano,  cuando sea presentado el documental.  Hasta entonces, queda por rodar la pieza del invierno, en torno al 13 de diciembre en Baleira, y el montaje, que se adivina arduo, según Vega, por el metraje “abundante y de calidad” que hay rodado.

Comments are closed.