Contranatura

2008
03.28

[lang_gl]A biotecnoloxía está xa á orde do día. Quen non se dera de conta, ou ben está illado do mundo ou ben non o quere ver, pero dende os seus comezos tivo un avance moi veloz. Por dar unha idea é posible que avance máis rápido que a informática, e por dar outra que mete medo, só saen a luz e anos despois aquelo que menos atorde á sociedade.Temos escoitado de armas químicas que se crean, virus criminais que houbo na historia, cepas que se gardan en sitios de seguridade, ou non tanta como penso nese laboratorio no medio dun deserto no cal se manipula o virus máis mortífero que existiu para ser indestructible…Pero eso quizais nos quede lonxe, lonxe de poder comprendelo, pero non de padecelo. Pero outra realidade é a cotidiá. Agora chegado a este punto gustaríame saber cantos dos que leen esta páxina están “postos” nos produtos transxénicos, a súa difusión, na súa situación e no futuro deles, e sobretodo cal é a vosa opinión.O meu coñecemento quédase nos artigos que lin e en coloquios que puiden escoitar. Pero nunca deixo mirar calquera noticia relacionada co tema e en base a elo sacar un criterio

Un individuo transxénico é aquel que leva na súa secuencia de ADN un xen que codifica para un caracter desexado. Ate aquí todo ben. É tan sinxelo como cortar o pedazo de ADN que queremos e pegalo no sitio que desexamos, así xa todos temos escoitado do “millo insecticida” que non é máis de aquel millo que se lle meteu un xen dunha bacteria que fai é contaxiar ós insectos que intentan picalo. Parece bonito e todo.

Datos, como que máis do 40% do millo en gran e a maior parte da soia importados por España son transxénicos, ou que España é o pais da UE que maior superficie lle adica a estes cultivos. Datos que todos coñecemos.

Pero sigue avanzando. Xa hai fresas con sabor a salmón, e non é porque se reguen con auga asalmonada, senón porque se lles introduce un xen do salmón, si si, a un vexetal un xen dun animal…pero si non é para tanto!!!!

As grandes multinacionais, apóianse en datos que din que non se dará producido alimentos para todos e que esto é o futuro, tendo así un papel segundo eles “salvador”. Así xa se está a traballar para sacar en 2-6 anos polos con 3 patas para incrementar o seu beneficio sendo todos clons dun mesmo, xa se conseguiron becerros que engordan de maneira antinatura, pero viuse que os seus aplomos non daban soportado tal peso, polo que se está a traballar para que lles salgan patas de elefante…

Como xa dixen gustaríame coñecer a vosa opinión. Para poñervos en precedentes, dicir que as grandes multinacionais venden estes produtos como os que van acabar ca fame no mundo, como aqueles que resistiran ás secas e pragas que hai en zonas pobres. [/lang_gl]

[lang_es] Este artículo de biotecnología publicado por ‘un de tordea’ solo se publica en gallego. Puedes colaborar con este blog en las traducciones, nuevas seciones, etc. Todas las ideas será bienvenidas. [/lang_es]

Tags: , ,

4 Responses to “Contranatura”

  1. Tino di:

    Tan rápido coma a informática? Recordoche que se a informática non avanza, a biotecnoloxía tampouco creo que o fago, porque supoño que farán uso dos computadores? non é?

    Eu recomendo a lectura do artigo: http://lafarola.byethost11.com/?cat=10

    Que di que nos anos 50 as multinacionais de agroquímicos, proclamaron “acabar con el hambre”, pero o resultado non foi o esperado…
    Ademais o que levará a biotecnoloxía será cara un novo negocio das multinacionais agroquímicas, farmacéuticas e alimenticias.

  2. Millan Fernandez di:

    A música ben nun principio, pero se te paras a escoitar os matices tórnase tétrica…Isto, coma todo, negocio duns cantos para mellora de moi poucos…Será pola condición de prudente galego, ás veces medica, agoreiro ou simplemente, pesimista….pero isto é xogar a ser Deuses e a bioética debe fiar fino. É frankeinsteiniano, e non tou a falar de moral cristiá, pero si dun certo respeito polos tempos e formas da natureza.
    Coma todolos “avances” da Humanidade véxolle un lado positivo e un escuro. ue lle ia decir ó señor Einstein que ademáis das súas sobresaíntes aportacións o coñecemento abría as portas con elas ó Holocausto nuclear???….E como a maxia, negra ou branca….dá vértigo a prepotencia dalgúns conxéres….non sei que dereito lles asiste para mutar especies….Eu dende logo vou ter que pasar moita fame para pedir unha ración de polo de tres patas ou comer amorodos asalmonados….

  3. Millan Fernandez di:

    Como muitas veces pasa, a música non soa de todo mal ata que empezas a pararte nos matices e as estridencias che fan rillalos dentes!!!!….a min esto, como moitos “avances” da Humanidade pareceme un arma de dobre filo. Depende das mans nas que caia o coñecemento e coido que a bioética vai ter que fiar fino….non tou falando de moral cristiá…¿ou si?…¡quen sabe!….O caso e que é profundamente frankeinsteiniano….xeralmente, xogar a ser Deuses non trouxo os mellores resultados e senon que llo pregunten o gran Einstein….quen lle diria que as súas sobresaíntes aportacións abrirían a porta ó Holocausto nuclear???
    Isto é como a maxia, pode ser branca ou negra….O que si sei é que como negocio que pasará a ser, enriquecerá a uns poucos en detrimento duns moitos…Vanme ter que pillar con fame ou sen sede para pedir ración de polo trípedo e de postre, amorodo asalmoado….Non sei que clase de dereito nos asiste para mutar especies a conciencia.
    E se algun día veñen de fóra e fan con nós o mesmo???Despois a rezar a Santa Barbara….

  4. Tino di:

    Eso é, proveito de poucos, e pouco beneficio para quen máis o necesita. Outro negocio máis, que promete a panacea, pero que se queda neso, nun pensamento, co que xustifican a volución dos polos de 3 patas¡