Aburrido empate, e intento de liorta posterior

2008
12.09


Resultados
Castroverde – Pradeda 1-1

Partido aburridísimo, con pouco futbol, en parte polo estado do campo, con pozas especialmente nunha zona, e en parte polo xogo dos equipos que terminou cun empate a un gol.

Nunha primeira parte feísima, na que o equipo visitante pouco ou nada se achegou a portería local, e na que as mellores ocasions foron a cargo de richard, moi mermado fisicamente, e marcos, pero non atinaron a superar o porteiro visitante.

Na segunda parte, o que debería ser un dominio aínda máis claro, pasou pouco a pouco a máis ocasions visitantes, que no rexeite dun corner collen descolocada a defensa local e adiantanse no marcador. Aínda quedaba muito, e o empate chegou nun fallo garrafal do porteiro que marcos aproveita para empatar. Con tempo aínda por diante, e co asedio a  portería local, unha falta por detrás e sancionada co cartón vermello directo. Neses últimos cinco minutos o partido entra na dinámica habitual, unhos perdendo tempo, outros intenta remontar o partido. E na última xogada do partido puido estar a victoria, un corner que lanza richard e que toño remata fora, cando libre de marca tiña todo a favor.

Mal partido, e dous puntos perdidos, nun partido nos podía igualar a puntos co Oural, e precisamente próximo rival.

S.D. Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Manolo, 4.-Pere, 5.-Juan, 6.-Javi, 7.-Iván, 8.-Bruno, 9.-Carlos, 10.-Richard, 11.-Marcos. Tamén xogaron Tino e Toño.

Ao final do partido, un intento de liorta emborronou o choque. Co pitido do árbitro, querido Pereira, acabou a romería. Un xogador da súa calidade que perda así os papeles ante unha presunta provocación… non debería suceder. Como tamén é reprochable a actitude da xente do banquiño visitante (que non figuraban en acta) e que en lugar de calmar os ánimos so querían liorta. Apludir a auqeles xogadores que intentaron mediar por parte do pradeda que tamén os había. Creo que os mensaxes, na sección desta páxina, o peto lareto van por ese camiño. De ser así, convidoos a debatir as incidencias do partido nos comentarios desta crónica e non na sección común a todos, e que non todo o mundo está interesado.

Por outra banda, o club xa presentou o recurso pertinente na federación lucense de futbo contra catro das fichas presentadas polo Pradeda. Nese recurso están como probas, tanto fotos das fichas, fotos dos xugadores, e o recurso correpondete. Esperemos que sexan válidas todalas probas presentadas, e no tempo máis breve posible nos den a victoria por 3-0. Con respecto a este tema, tamén se debería facer unha reflexión das distintas federacions de futbol, para impedir que xogadores non federados, ou con ficha mal tramitada disputen encontros pola provincia, xa que se está a facer un dano moi grande, tanto a competición coma os equipos con planteis estables.

Clasifiación Equipo Xogados G E P G.F. G.C. Dife. Puntos
1 CAL Calasancio

13 9 3 1 33 9 24 30
2 SAG Sagrado Corazón

13 9 1 3 22 10 12 28
3 OUR Oural

13 7 4 2 32 15 17 25
4 CAS Castroverde

12 7 2 3 22 11 11 23
5 COM Comercial

13 6 5 2 26 22 4 23
6 RUB Rubian

13 6 5 2 22 19 3 23
7 ATL Atlético Muralla

12 6 3 3 24 11 13 21
8 RIO Rio Sil

13 5 4 4 13 17 -4 19
9 POR Portomarin

13 5 2 6 17 19 -2 17
10 FRI Friol CF

13 4 3 6 19 20 -1 15
11 ANT Antas

13 4 3 6 23 28 -5 15
12 GAR Garabolos

13 3 3 7 18 23 -5 12
13 UDL UD Lugo

13 3 1 9 14 34 -20 10
14 PRA Pradeda

12 1 5 6 16 22 -6 8
15 GUN Guntín

12 1 5 6 13 25 -12 8
16 SPO Sporting Lucense

13 0 3 10 11 40 -29 3

P.D. 2. Probando unha nova clasificación, aínda que non é de elaboración propia, senón que é collida prestada de sdguitiriz.com. Graciñas!

Tags: , ,

5 Responses to “Aburrido empate, e intento de liorta posterior”

  1. reixix di:

    non entendin nada ben o da liorta, ¿alguén pode exolicar, por favor?

  2. juan di:

    bueno pues nada me paso por aqui,el partido estubo bien aunque sobro el final pero bueno aora xa pasou e hai que pensar nos 3 puntos de oural

    venga a cuidarse

    nº5 jiji

  3. Lu di:

    rompestes a racha, moi mal moi mal, ai que volver por ela¡¡ a ganar como castroverdenses¡¡¡ jeje
    o de andar a paus non esta nada ben, o futbol é un deporte, xro ai moitos impresentables que o ve como unha excusa pa facer animaladas, é o que ai; xro tamen ai que demostrarlles que están fora de lugar, eso penso eu.

    haber se non volve a nevar este finde e podedes GanaR¡¡¡

    saúdos

  4. Tino di:

    A verdade e que sip, está explicado en forma de clave. O certo é que terminou o partido e supostamente un xogador do pradeda provocou a Pereira, central do Castroverde, ao que este respondeu cunha leve caricia que para el non foi tanto. A partir de ahí creo que xa se entende co publicado.

    E si, rompemos unha racha boa, haberá que intentar recuperala… pero non anduvemos a paus, so os típicos empuxos e insultos varios… nada grave, pero que non debería de suceder.

    Este finde de semana, partido en Oural. Non sei se por alí neva muito…

    saúdos a todolos comentaristas!

  5. reixix di:

    graciñas pola aclaración, Tino