Archive for Xaneiro, 2009

Pleno extraordinario


2009
01.16

plan parcialA corporación municipal de Castroverde pronunciarase mañá (hoxe día 16) sobre a aprobación definitiva do plan parcial identificado como Sur D-3, a desenvolver na localidade. Na sesión extraordinaria, fixada para a unha da tarde, tamén figura a proposta de aprobación do proxecto e delegación de competencias para a tramitación do Fondo Estatal de Investimento Local.

O último punto estará dedicado ás obras nas piscinas descubertas de Veiga del Olmo.

Mañá a unha do mediodía levarase a cabo o pleno onde se aprobará o plan parcial, SurD3. Concretamente non sabemos mui de que se trata, a única referencia, non sei se moi fiable, é a da aprobación do PXOM, onde se decía que “o sector SUR ND-3 tiñan as mesmas condicións que o solo rústico de protección forestal lindeiro con el. Ademais, o SUR.ND.3 encóntrase en terreos de fortes pendentes (comorecoñece a memoria (páx. 26), por tanto con unha topografía desfavorable para ao desenvolvemento urbanístico.”

Quizais Millán, nos poida mañá indicar moito mellor en que consiste o plan parcial, e qué foi que se aprobou no pleno.

plan parcialCon respecto ao fondo estatal de Investimento Local, xa ten aprobados os seus primeiro proxectos, e así, ten na provincia de Lugo, polo momento, proxectos aprobados nos concellos de Ribeira de Piquín, Ribadeo, Palas de Rei, Outeiro de Rei, Mondoñedo, Láncara e Becerreá.

O concello de Castroverde, no que segundo o padrón somos 3.148 habitantes, corresponden 557.159 € (Financiación máxima, con IVA) para xestionar, a través do Fondo Estatal de Investimento Local, e que aínda está sen aprobar. Poderanse presentar proxectos, vía telemática, ata o próximo día 24 de Xaneiro, para calquera concello que o queira solicitar. Seguiremos de cerca, para comentar e debatir, cales son os proxectos realizados.

P.D. Cal é a razón pola que non aparecen este tipo de avisos na páxina web do concello?

Dolores (e II)


2009
01.15

A cega de peredo na feira en pargaDolores Gómez Lage, “A Cega de Miranda “, tamén coñecida como “A Cega de Peredo ” ou tamén “A Pereda“, nacida no lugar de Peredo, Castroverde (Lugo), en 1.874, foi moi célebre en boa parte da provincia de Lugo (en Castroverde, Baleira, O corgo, Baralla e Becerreá sobre todo). Aprende a tocar o violín, conta a lenda, pode que con un violinista do lugar de San Cosme (ou barreiros) que se supón fixera fortuna en Arxentina con dito instrumento.
Casou con Antonio Rivera, veciño de Agustín e xuntos foron vivir a Miranda, razón pola que casi toda a xente a identificaba como a Cega de Miranda. Emparellouse unha segunda vez con Antonio -“Cachorro” de mal nome- que a acompañaba tocando no papel de bombo. A cega de peredo, a cega de mirandaDolores traballaba como instrumentista, era solicitada para facer bailes e festas, ainda que tamén se viu obligada a ir de casa en casa pedindo. Como é habitual nos cegos acudía con frecuencia ás feiras e romarías, facéndose coñecer, para que a xente lle pedira que tocara, ou pasaba ela polas mesas interpretando cousas, polo que lle daban un diñeiro.
Na súa vida errática, tiña determinadas casas de especial confianza en varios lugares que cumplían o papel de fogar cando estaba de viaxe, o que non é de extrañar, pois era moi querida aló por onde iba, xa que facía o que podía pola xente.
Conta Jesús “O Moreno” de O Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro), que nunha ocasión estaba Dolores tocando na Romería do Cebreiro. Entre a xente había un rapaz que estaba cunha moza á que pretendía, e cantoulle unha copla para a ocasión. Tal vez eran cousas que xa tiña ela preparadas para casos así pero a xente quedaba impresionada coa súa capacidade de improvisación:
Aquel que está de aquel lado
xa lle estudiéin os modelos
cando vai ve-la rapaza
A cega e o seu segundo marido, cachorrodeixa adormece-los vellos
E outra cántiga que ela fixo famosa na súa zona e que coñecen varios veciños é:
Son a cega de Peredo
todos me mandan tocar
pero non hai un que diga
cega, voute convidar

Dolores (e I)


2009
01.14

A cega de Miranda, A pereda, a cega de peredo

Esta foto correponde a Dolores e ao seu segundo marido. Ese era o seu nome, pero non di nada do seu pasado, quen foi e as lendas que se crearon ao seu redor. Tiña varios irmáns. Sendo nena, súa nai aplicoulle un producto a ela e a un de seus irmáns para aliviar un picor que tiñan nos ollos, o que causou a cegueira dos dous.

Na súa historia, mezclanse a realidade coa lenda. Ata aquí historia, agora comezan as lendas. Falan marabillas da capacidade que tiña esta muller de leva-la casa cunha limpeza e un orden fóra do común. Como é habitual nas persoas invidentes tiña un sentido especial da orientación e un alto coñecemento dos camiños o que lle permitía dende xoven desenvolverse con soltura polo seu entorno.

Do seu segundo marido dise que tiña un cangro no rostro que foi acabando coa súa vida., contan tamén, que polas noites poñía un pouco de toucín na faz para que o cáncer o comera en vez de comerlle a pel pero foi inútil, morrendo finalmente polos anos 50.

Tamén desfacía maldicións, así o contan no lugar de Pena en Baralla, onde foi quen de facer que se venderan uns cochos sen problemas na feira. Ademis foi unha improvisadora de mérito, para todo tipo de situacions, e romerías.

Morreu en Lugo no 1971, aos 97 anos, no barrio de Albeiros.

Pedras contra tanques. Simplemente


2009
01.13

Moito se fala do conflicto árabe-israelí e que mellor que recuperar esta canción para mostrar o desacordo e protesta contra unha guerra desproporcionada.

Para todos aqueles que sofren esta noxenta masacre, “Pedras contra tanques”, tema con letra de Suso de Toro que as Leilía incluíron no seu Madama.
Pedras contra tanques

Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.

Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.

Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.

O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada.

[gv data=”XXpRbm6Bu5Q” width=”425″ height=”350″][/gv]

Primeira victoria da segunda volta


2009
01.12

Resultados
Antas – Lucense 3 – 1
Río Sil – Portomarín 1 – 0
Sagrado Cor. – Friol 1 – 1
Lugo – Rubián 4 – 3
Muralla – Calasancio 3 – 0
Castroverde – Garab. 3 – 1
Pradeda – Comercial 0 – 4
Oural – Guntín 1 – 1
Próxima xornada
Guntín-Antas
Lucense-Río Sil
Portomarín-Sagrado Cor.
Friol-Lugo
Rubián-Muralla
Calasancio-Castroverde
Garabolos-Pradeda
Comercial-Oural

E a clasificaión queda do seguinte xeito: (Nota: Segundo a páxina da fedaración esta clasificación non é correcta. Haberá que esperar a que se actualicen, e ver cal é a clasificación definitiva.)

Pos Equipo Xog Ga Em Pe GF GC Puntos
1. S.D. OURAL 16 10 4 2 40 17 34
2. C.P. CALASANCIO 16 10 4 2 38 15 34
3. AT. MURALLA 16 10 3 3 32 12 33
4. S.D. CASTROVERDE 16 10 2 4 30 17 32
5. A.D. SAGRADO C. 16 10 2 4 25 14 32
6. S.G. COMERCIAL 16 7 5 4 30 24 26
7. S.D. RUBIAN 16 7 5 4 27 25 26
8. PORTOMARIN C.F. 16 7 2 7 23 20 23
9. C.D. RIO SIL 16 6 5 5 16 20 23
10. S.D. ANTAS 16 5 4 7 26 33 19
11. FRIOL C.F. 16 4 6 6 21 22 18
12. U.D. LUGO 16 5 2 9 23 39 17
13. S.D.C. GARABOLOS 16 3 3 10 19 31 12
14. C.D. GUNTIN 16 2 6 8 18 31 12
15. PRADEDA F.C. 16 1 6 9 16 31 9
16. SP.LUCENSE 16 0 3 13 14 47 3

CASTROVERDE…… 3

GARABOLOS……….. 1

Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 2-BRUNO 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7- ALBINO 8-MARCOS GEMELO 9- GELO 10- CARLOS 11-MARCOS. Tamén xogaron: 12- MANOLO 13-IVÁN 14-TOÑO 15-RAFA 16-ÓSCAR.

Comezaba o segunda volta da liga na Veiga do Olmo, con un partido no que os locais necesitaban os tres puntos para seguir nas posicións de arriba da táboa.

Os locais presentábanse no partido con algunha baixa, pero tamén con unha nova incorporación a de un vello conocido como é Marcos, e non defraudou, xa que anotou os tres goles dos locais.

Dende que pasara o Rio Sil por Castroverde non se vira xogar o equipo con tanta superioridade con respecto o rival, xa nos primeiros minutos de partido se poideron ver as primeiras ocasións claras nas botas dos dianteiros locais. No minuto 15 gran xogada de elaboración na que o centro de Albino e rematado por Marcos a gol. O segundo chegaría despois dun corner botado dende a esquerda, o balón vai pasado, recollea Javi e o seu centro volve a ser rematado por Marcos a gol, esta vez de cabeza. En pleno vendaval de ocasións locais chegaría o terceiro, despois dun gran pase de Gelo entre os centrais que recollía Marcos en velocidade e cruzaballa o porteiro na sua saida.

Despois de tanta superioridade na primeira parte, a segunda foi moito máis igualada, os locais xogaron coas liñas moi separadas, o que limitaba moito que o balón circulara con fluidez, a parte e como ben sendo habitual gran baixón físico acompañado de certa relaxación polo resultado fixeron que o partido fora aburrido e sen ritmo. Nos minutos finais gol dos visitantes de tiro lonxano na que Chino non estivo todo o acertado que de él se espera.

En definitiva quedámonos coa gran primeira parte do Castroverde, que nos deixa certo bo sabor de boca para enfrentarnos contra os líderes da categoría para a semana próxima.

Volverán?


2009
01.09

Esa é a pregunta que se fará moita xente a raíz da separación temporal dos tonechos. Parece que comezaron novos proxectos, pero que toman un respiro.

Aínda así quedaremonos coas súas frases coma o “aínda vives” do Tonecho e o “Papá, macho”, “pasa de todo tío” do Tucho, etc., etc

Aquí o que para min é unha das mellores, posiblemente non a mellor, parodias do dúo, acompañados pola incombustible Amadora.

os tonechos || muebles mendoza.

Quedará para o recordo estes e outras saídas no luar, e máis tarde no seu propio programa, de humor, como non.

“boas noites ás personas, e ós que non son personas, tamén” Tonechos dixit

[gv data=”TS9im9vS7pc” width=”425″ height=”350″][/gv]

Vendese recibir patada nos testículos


2009
01.09

Increíble o que se subasta en Ebay…

http://cgi.ebay.es/patada-en-los-testiculos_W0QQitemZ250349857437QQcmdZViewItemQQptZLH_DefaultDomain_186?hash=item250349857437&_trksid=p3286.c0.m14&_trkparms=72%3A895

A destacar do anuncio: “-Me comprometo también a retorcerme de dolor una vez recibida la patada (aseguro gran realismo).” cuiriosisimo

E aquí un exemplo…
[gv data=”UV2Z5_BIvjk” width=”425″ height=”350″][/gv]

S.D. Castroverde 3 – C.D. Guntín 1


2009
01.08

Con retraso pero ahí vai a