Radio contra podcast. Ventaxas e desventaxas.

2009
05.04

O certo e que jose de mividaengeriatría pediume axuda pra a creación de unha radio en directo a través de internet.  Agora chegan as diferencias, eu propoñolle un podcast, e él prefire a radio a través da rede. O ideal entón serí un podcast en directo. Pero como, e onde cos recursos dos que dispoñemos! Ahí queda esta pregunta… para as sugerencias pertinentes. Ademais adxunto pros e contras da radio vs podcast, quen sairá vencedor?:

Tempo de descarga. Está claro que escoitar a radio so é necesario encendela. No seu canto, escoitar un podcast que precisa para a descarga o inconvinte da descarga toma parte. A favor do podcast (archivo mp3, mp4, ogg gravado previamente) está que se pode escoitar tantas veces como se queira.
Falta de contacto humano. No radio pode participar de concursos, facer chamadas a xente … mentres que nun podcast non é posible.
O “tempo real”. O radio transmite en tempo real. o podcast primeiro grávase e a continuación, escoitase. Por suposto, se este non fora así, a radio non sería radio e o podcasting non sería podcasting aínda que xa case(limitacions de itnernet) se poida facer un podcast en directo …

Seguro que hai moitas máis ventaxas e desventaxas de un é outro, comparteas con todos!

2 Responses to “Radio contra podcast. Ventaxas e desventaxas.”

  1. hadex di:

    Eu son unha gran amante da radio….dos pros e contras que ti das o peor contra é o de non poder participar…..pero os podcast son unha bendición…permiten escoitar programas que te perdiches por motivos de traballo, por durmir….non sei…

  2. undetordea di:

    Para min as noticias en directo non deixan de ser as noticias en directo, esas novas boas ou malas que por mor da nosa curiosidade nos encanta coñecer nese momento, pero non vou aportar nada para a discusión, pois o podcast ese (eu tiven que buscar o termo en internet que non sabía o que viña sendo) permíteche ver as cousas xa sucedidas e que alguén che falou delas..o ideal pra min, proponlle a radio en directo cun podcast para as mellores entrevistas ou reportaxes…non sei si estou dicindo algunha barbaridade…