Archive for Xuño, 2009

Toca máis deporte


2009
06.04

Segundo publica a Voz de Galicia, o portavoz do BNG de Castroverde, Paulo Ferreiro, ven de presentar unha proposta para que o polideportivo municipal permanezca aberto durante máis tempo. Sigue a voz, Ferreiro pretende que as instalacións estean abertas ás horas nas que os mozos aproveitan para facer deporte, sobre todo agora que se aproximan as vacacións.

E tamén se podería ampliar as instalacion do campo de fútbol, a organización de máis eventos deportivos… hai moito por facer.  Aproveitar este texto para convocar a todos os rapaces en idade xuvenil que visiten este link.

Outra volta máis polas piscinas


2009
06.03

Parece que as piscinas por fin chegan o último capítulo,  aínda que mellor non nombrar a palabra último nin final, nun tema coma este.

As boas novas son que xa está publicado no BOP(Boletín Oficial da Provincia) o anuncio de licitación da obra. É decir, que aínda se estás a tempo(quedan 13 días naturais) de presentar a túa oferta, pola nada despreciable cifra de 711.279,53€.

Eso inclúe segundo o anucio de licitación en “Construcción de piscinas públicas descubertas con vestiarios e  servizos na área recreativa de “Veiga do Olmo”” .

Extraendo este anuncio podese dividir en tres partes fundamentais:

– Construcción de Piscinas Descubertas: Nada de reformas, serán completamente novas. Normal cando levan tanto tempo abandonadas.

– Vestiarios: Segundo parece tamén se construirán novos, non reformando tampouco os anteriores. Creo que é boa medida facer algo máis acorde o entorno e non un pegote como o actual.

– Servizos: Esto é o máis desconcertante. Que tipo de servizos?  Alcantarillado? Bancos? Herba?

Seguiremos atentos, sen duda!

Masoucos chegou as ondas


2009
06.02

Gracias a todos, a todolos veciños que teñen a súa parte neste blog, e en algunhas das historias, aínda que a maioría non conozcan a existencia deste espacio;  a todos eles, e tamén os que leen, os que comentan, e a toda a xente da que me olvido, que é muita e moi variada, a esa xente tamén, por suposto.

Ahí vai o corte da entrevista en “Lugo en la Onda”, de Onda Cero Radio con Lourdes Abuide do pasado xoves. (pincha no símbolo máis para escoitalo)

P.D.1 En xeral creo que saiu bastante ben, creo que me deixei moitas cousas no tinteiro, quería decir muitas máis cousas, debería decir outras, explicar máis as terceiras, pero sin duda foi unha boa experiencia.
P.D.2 Flipo que non se me nota o acento de masoucos, e ás veces nin me recoñezco falando. Unha boa experiencia… que continuará?
P.D.3 Nunhos meses a Fiestra traerá novas sorpresas, non faltedes nin un día!!

A vida do estudante por “undeTordea”


2009
06.01

Ai que vida esa, canto te das conta xa pasaron os mellores anos.

Dura como ningunha, e sacrificada, que vos vou contar, ese sacrificio que se fai á hora de mercar a comida, como aqueles compañeiros que compraban a comida para o mes, ían a “Continente” enchían un carrito de latas de cervexa e outro de salchichas cocidas marca “continente”, e así pasaban o mes!…

A vida da semana; tardes dos luns que quedas, martes ceas na casa dun colega e vas pro karaoque, mércores viñote de batalla e licor café se sobremesa, saída de última hora pra o garito coñecido, xoves a tope e venres cun careto…si si que, vida sacrificada.


Pero non tes nada, nin un duro, todo che chega a nada, alargas a pasta o máis posible pero nada, sácaslle á comida para saír… deberíamos facer unha sección de cociña par estudantes (aí vai unha suxerencia para este blog), pasta con atún (nunca queda o gusto de todos), arroz pasado con ovos, tortilla con ou sen cebola?, bocadillo para ver o televexo e non ter que cociñar, e incluso xexún para o venres.

Aínda que sexa con xexún contamos ás túas peripecias e calamidades! Comparte a túa opinión, interésanos!