Entreaberto

2014
05.20

Entreaberto

 

Xa fai uns meses que a fiestra está entreaberta. Non é algo deseado, ou esperado, senón unha pausa.

Unha pausa nos xa oito anos (e un mes) de vida, da Fiestra de Masoucos.

Esta pausa é debida en gran parte a dous proxectos na rede, moi interesantes e que vos recomendo encarecidamente.

 

 

Blog Interference

 

O primeiro é un novo blog, Blog Interference, donde contamos todo o deporte, cun acento especial sobre o aínda semidesconocido aquí, ‘Fútbol Americano’, pero tamén nos ocupamos do máis cercano, como o breogán, o ensino.

Tamén poderedes ver reportaxes, como a de Davil Gil, sobre as finais da NBA, outros deportes e muito máis; sen olvidarnos do mundial de futbol que está xa as portas, e do que daremos bo canto, engadindo artigos especiais con análisis dos planteles e posibilidades dos equipos participantes.

O segundo trátase de Café Dixital, un proxecto conxunto con Moucho Nocturno, do que estamos a poñer as bases para poder medrar. Deseñamos, e mantemos páxinas web. Somos especialistas cos CMS máis coñecidos do mercado, como WordPress, Joomla ou Prestashop. Se queres un producto de calidade na rede, deberías consultarnos. Tamén facemos aplicacións para móviles, SEO, community manager ou calquera outro desenvolvemento na rede. Todo sobre os nosos propios servidores, con xestión total, e multitude de ventaxas máis. ¿Vas deixar pasalas?

Podes ver algúns exemplos do noso traballo pinchando aquí.

Espero que poder escribir máis, para poder volver a abrir completamente a ‘Fiestra de Masoucos o Mundo‘.

 





One Response to “Entreaberto”

Your Reply