xan 08

Con retraso pero ahí vai a crónica do partido suspendido no seu día pola neve, celebrado o día 27 do mes pasado.

CASTROVERDE...... 3

GUNTIN................. 1

CASTROVERDE: 1-Chino 2-Juán 3-Bruno 4-Pereira 5-Javi 6-Marcos 7-Albino 8-Héctor 9-Carlos 10-Richard 11- Gelo 14-Manolo 15-Rafa.

Visitaba a Veiga do Olmo o antepenúltimo clasificado da categoría, partido que a priori non debería ter maiores complicacións para a victoria local, pero tocou sufrir coma xa vai sendo habitual en todas as xornadas.

Partido que comezaba cos dous equipos encerrados atrás, deixando o balón o equipo rival, e sen moita disposición a tocar o balón con sentido.

Desnivelábase a balanza cando unha xogada persoal de Albino era cortada coa man por un defensa visitante dentro da área; penalti clarísimo que servía para que Albino marcara o primeiro dende o punto de castigo.

A segunda parte comezaba con claro dominio local, tras un troco de posicións dalgúns xogadores do Castroverde, e ao pouco xa chegaba o segundo, con unha gran triangulación entre Richard, Marcos e Gelo, na que remataba o primeiro a gol.  Pero o guntín non perdeu a fe, e nunha xogada illada, e no que un despexe se converte nun gran pase en profundidade, unido a maior velocidade do dianteiro,  que define perfectamente, fan que o partido se complique para os locais. Os visitantes estiran o equipo na busca do empate, e ahí chega o terceiro dos locais, obra de Rafa tras unha boa xogada de Albino. E puideron ser máis, pero a incapacidade anotadora que teñen os locais habitualmente fixo que non fóra así.

Outra victoria da S.D Castroverde gracias en boa medida o empuxe, a garra e a maior ilusión que ten este equipo de gañar que os rivais. Remata a primeira volta e habería que reflexionar se esta e a maneira coa que se quere conseguir puntos ou ben ir a polos partidos. Ademaís de por esto, primeiro demostrando a maior calidade que ten esta plantilla con gran parte dos rivais.

Graciñas a "Arsenio Iglesias",  que colaborará de novo na elaboración das crónicas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Un dixo a “S.D. Castroverde 3 – C.D. Guntín 1”

  1. lu Dixo:

    vesevos con ganas sisisii :D

Deixa a túa resposta