Archive for Marzo, 2010

Derrumbes Trascastro SL


2010
03.26

Para calquera tipo de derrumbes, non o dudes, bota un berro e estes dous fenómenos presentaranse o momento. A pesar de que casi se comen a parede, ou de que “cae coma a merda“, ou case tropezan, non hai duda de que son profesionales desto.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/sxzbqANRQOs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

P.D. So falta que entre david para que conte cando se meteu dentro coa BCS...

Calquer tempo pasado foi mellor (porundeTórdea)


2010
03.25

Véndonos no presente a todos nos pasa esto, sobre todo debido á facilidade côa que borramos os malos tragos vividos Tempo(si non foron moi duros, senón apartámolos por un instante).

A min pólo menos si que me pasa e secadra neste momento mais póla melancolía que me abrangue. Véñenme a mente recordos da infancia, ir na busca do mellor “gua” para xogar as canicas cos meus no patio do colexio, as “aventuras” no bus do colexio, un día que fun a Lugo a radio e o profesor coma si se tratase dun guía turístico e nos nunca haber saído da eira da casa levounos polo centro e díxonos o chegar a unha fonte “rapaces, esta fonte bota viño un día o ano”, as tardes de verán no río, os traballos en común cos veciños, como o de empacar e esperando que os maiores tempos de festache mandaran “chama aí do tractor” e o importante que xa te sentías, as horas e horas perdidas dentro do portal do piso “deste editor”, as tardes de “futbolin”, os primeiros paseos na vida nocturna, esa despedida mais que cariñosa nun portal as 8 da mañá, o nerviosismo o presentar un proxecto…

Que tempos aqueles, o certo é que daba algo por abrir unha ventá e ver por un intre aqueles tempos, ate daría aquela cazadora que tanto cariño lle tiña!!!jaja.

Tantos recordos, seguro que agora, si vos parastes a leer esto viranvos lembranzas. Facede o exercicio de pensar un anaco en tempos pasados, e si vos sae compartir esas morriñas facedeo aquí para todos nós.

Contos de Polavila


2010
03.18

Este é un fragmento do documental “Contos de Polavila”, que forma parte da serie “A palabra no tempo”, producida por Nemedón S. L. O documental foi gravado no ano 2001 nos concellos da Pontenova e Riotorto.

Os concellos da Pontenova e de Riotorto posúen un importante patrimonio histórico e artístico, que coma noutros lugares corre o risco de desaparecer. O despoboamento das súas vilas e o dos seu lugares fai que se perdan tamén os contos. As cousas, as mentalidades… todo foi cambiando co paso do tempo. Como di o propio documental , “Se a aldea morre, morren os seus contos. E tamén ó reves. A vida non volverá ser como foi nestes lugares”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_Saf6zd-gMc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Temible confusión


2010
03.17

Increible o sucedido en Vigo… a contar:

Un home foi alcanzado por un coche e un segundo vehículo pasoulle por riba. Neste segundo vehículo viaxaba unha muller que creeu que era o seu fillo. Levaba a misma cazadora, un teléfono móvil similar, que apareceu no lugar do atropello e incluso un piercing tamén no mesmo lugar. Estas coincidencias unidas ao gran nerviosismo e tensión do momento fixeron que a familia acudise ao Hospital de vigo para acompañar ao atropellado.

Durante as horas de espera no hospital surxiron dudas sobre se realmente era o seu fillo ou non. Unhas horas máis tarde despois do nerviosismo, unha chamada o móvil confirma que, en realidade, o presunto ferido estaba durmindo e a persoa que estaba hospitalizada, e que finalmente acabou morrendo na UCI, era outro.

Unha vez máis a realidade supera a ficción.

Fotógrafo nonagenario


2010
03.10

Podedes ver máis fotos de Baldomero Pestana neste enlace. Nesta imaxe Gabriel García Márquez correxindo a traducción fancesa de “Cien años de soledad”.

García Márquez corrigiendo la traducción francesa de 'Cien años de soledad'

Varilla Farina


2010
03.09

A traducción do conselleiro de cultura, Roberto Varela, e tan pouco afortunada coma a do título deste texto. Pero así foi como en Fitur (Feira Internacional de turismo) publicitou  “Desván de los monjes” en alusión a Sobrado dos Monxes. E ademais Toro(non, o de zamora non), o de coruña, máis coñecido como Touro, sufriu tamén unha transformación curiosa.

Xa pediu perdón… eso sí botandolle a culpa ao traductor informático… que por sorte non sabe de toponimia.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/TAxDHlS0Ef4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Tristeza (III)


2010
03.05

As declaracions  –Rosa Díez insulta a los gallegos– de Rosa Díez fixeron saltar chispas en Julia en la Onda. A periodista non aguantou a Arcadi Espada por decir cousas como “estupidez aldeana y cantonal”.  Continúa decindo que non é máis que un “chascarrillo”, un “estereotipo natural” amplificado pola estupidez de un país que reaciona de forma “pueblerina”. Julia Otero chámalle “faltón” e “soberbio” …

Audio do programa

radar fijo-movil


2010
03.03

Este é o novo modelo de radar fixo-movil que se puido ver en Ferrol-Narón, e que en youtube xa viron máis de 20.000 persoas…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cVx_AstvBdE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Madama


2010
03.02

O traballo Benzón de Guadi Galego (ex-Berrogüeto) acaba de gañar o IX Premio Opinión. A artista obtivo na votación do xurado 18 puntos, cos que se impuxo a Cuarteto Caramuxo e a Nova Galega de Danza, que conseguiron un empate (11 puntos). O premio do xurado, formado por críticos musicais, é puramente honorífico, xa que non ten dotación económica.
Esta é un dos seus éxitos… Madama

Letra: Rosa Bugallo Música Guadi galego / Pedro Pascual Arranxos: Pedro Pascual
Download Madama

Que dirá ahora Chávez?


2010
03.01

O xuiz da audiencia nacional Eloy Velasco ven de relacionar a Chavez coa ETA… que dirá ahora Chávez?

Obran diligencias en este procedimiento que ponen de manifiesto la cooperación gubernamental venezolana en la ilícita colaboración entre las FARC y ETA y en especial de Arturo Cubillas Fontán, que tiene o ha tenido un cargo público en ese páis“.