Author Archive

Cando as barbas de teu veciño vexas arder pon as túas a remollo.(Por UndeTordea).


2010
10.19

Neste nova entrada quixen facer unha comparación, moi lonxana de apreciar, pero que me mana na cabeza dia a dia.

gandeiros

Segundo a miña teoria, os problemas que hoxe están a sufrir os mineiros en España, e que parece que se van resolver pero non como eles queren, podem ser levados ó contexto rural, e para concretizar mais, o sector leiteiro em Galícia. Os sucesivos plans do carbón, perseguían duas vias; facer mais competitivo o carbón nacional e promover um emprego alternativo o mesmo tempo.

Reduciuse a man de obra empregada na minería pero o obxetivo se ser competitivo non se alcanzou e por eso a Unión Europea quere pechar as minerías em 2014. Ademais a propia UE aproveítase da sensibilidade actual contra o cambio climático para opoñerse mais á minería española decindo que se emite moito CO2 com este carbón, palabra que por outra banda recollen as eléctricas para non ter que consumir o carbón español.

Problemas mineiros galiciaO problema está aí. Fago a miña comparación, e vexo que para o desenvolvemento de Galícia tamén houbo plans e subvecións. Tamén se reduciu a man de obra no rural, pero o nosso rural, igual que a minería, acúsano de non ser competitivo (vacún de leite).

A UE tamén amenaza com sacar as axudas xá que considera que Galícia xa entrou dentro das zonas desenvolvidas da UE , e mentres as industrias alegan que teñen que pagar pouco o leite de aqui porque en Francia lle lo están regalando, segundo eles porque son moi eficientes producindo.

¿Museo Etnográfico?E como xá teño escoitado, só falta que empezen a poñer um imposto as vacas por ser emisoras de metano (mais contaminante que o CO2).

A miña teoria, espero que non se cumpra, que o nosso sector non desapareza como lles está pasando a outros, para que os de fora poidan invadirnos cós seus produtos. Um artigo bo sobre O leite em España e Galícia foi o que escribiu Francisco Sineiro no xornal El Progreso o 14 de setembro de 2010.

Fmdo. UndeTordea

A canción e o baile do ano en Masoucos.


2010
09.19

Felicidades Kalimero vs Priscilla.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/kBxJe5RGigA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O vídeo hai que velo polo menos unha vez por cada persona, para fijarse non fallos (sobretodo) e cagadas varias(muchísimas).
A entrada de rubén, fer cos brazos e o revés, nenín co seu ritmo, albino que non iba na para o lado bon… todos!! Mereceu a pena todo o ‘traballo’ previo. Pasámolo realmente ben.

sumidoiros de CO2?


2010
08.30

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/KrtJ15_uCng" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O 39% do CO2 que se captura en españa corresponde ao montes galegos, é máis, o redor do 67% do carbono é secuestrado por eucaliptos, o 25% polos pinos, e o resto polas demais especies.

Do que nada di Fernando Basurco, da ENCE celulosas, é dos problemas que pode traer, como o agotamento dos nutrintes do suelo, o impedimento da medra doutras especies aos seus pes, ademais dos problemas cos lumes, pola fácil combustión da súa madeira, etc.

O debate seguirá.

Atopei unha herba rara


2010
07.31

Inauguración da psicinaHoxe atopei unha herba rara na horta, atopei a evolución da terceira generación de tecnoloxía móvil, atopei internet.
Tiña oído de sempre que nas hortas desta terra, se daba de todo, pero non sabía que chegaría incluso unha conexión HSDPA (High Speed Downlink Packet Access), o paso previo a cuarta xeración, vamos, o último do último nas comunicacions vía móvil. Todo esto gracias a tecnoloxía dun módem ZTE contratado a través do operador Yoigo.
O que non me acaba de cuadrar, é como con apenas cobertura móvil, donde non hai teléfono no mercado que teña aquí cobertura 3G, so UMTS(Sistema Universal de Telecomunicaciones Móviles), a sucesora da GSM(Sistema Global para las

Comunicaciones Móviles), este moden e capaz de conectarse coa última tecnoloxía dispoñible.

A disfrutalo sexa!

1994 – 2010 unha piscina con historia


2010
06.30

Inauguración da psicina 1994 – 2010 ese foi o camiño que tomou esta obra, e que fai apenas unhos días foron inauguradas cun numeroso público. Foron en total 16 anos de disparate e desinterese.

Piscinas e II

Corría o ano 1994 é castroverde tomaba rumbo a unha zona de ocio, chamada veiga do olmo, con espectaculares piscinas… non vistas polos concellos da redonda, pero que nunca se chegaron a rematar. Desde ese ano o abandono é evidente, xa que os defectos na estructura e na construcciónparalizaronas sen que naide o remediara.

Para a súa apertura haberá que esperar cando menos ata o día 12, pola falta de herba, unha pena para os máis espectantes.

Sucesor asegurado


2010
05.31

Fernando alonso xa ten un máis que duro competidor…

Pero baixo ningún concepto se debe perder o inesperado e sorpresivo final.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dqjsCoaEKB4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Recoñecemento


2010
05.18

Botalle un olloRecibo emocionado, con felicidade e sobre todo sorprendido este cumprido por parte de Caralladas, o que me nomeu fai uns días  como un dos seus 10 blogs máis recomendados.

Trátase dunha iniciativa que está a circular pola rede, e pola cal os blogs seleccionados deben cumplir dúas normas:

  1. Os elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
  2. Seleccionar e enlazar os blogs que segundo o voso criterio valen a pena.

Blog da querida alexque desde o seu ghalpon nos decubre e fai sentir coa súa sensibilidade a hora de escribir.

Fotos, pensamentos, ideas, contrapuntos… todo a través das imaxes

Un poucquiño de todo como ela titula, un perfecto disfrute de ller un blog.

Tamén recomendar tódolos blog que enlazo… e que seguro vos van facer disfrutar!!

sensacios


2010
05.09


desde o alargo do cubeiro temos estas vistas e sensacións…

Posted by ShoZu

Que somos nós?


2010
05.06

É unha cousa tan tonta… , pero a parte de facer rir, é un verdadeiro exercicio de creatividade con poucoss recursos económicos. Pégase o “Yo no soy marinero…” nun anuncio que parece que non ten nin xeito, pero que despois de velo non se da sacado da cabeza…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/3e2FlLxwSFw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Mini punto para o inxenio


2010
04.20

Outra vez o inxenio do “Follonero“(Jordi évole) fai que a información dada por algún medio como
“El Mundo” ou “Antena 3” quede en entredito. Desta volta inventouse unha agresión a un membro da $GA€.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/gEbwfVc9cHU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Cobro do canon dixital, Ley Sinde contra a piratería en Internet, peluquerías que deben pagar unha cota por poñer a radio… O tema dos dereitos de autor está de moda…

E no seguinte vídeo,  o “making off”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/eWQF2hZtLOk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]